Ribeira contará con visitas guiadas gratuítas a Sálvora para residentes e visitantes

23 Setembro 2025

Este martes 23 de setembro, o rexedor ribeirán Luís Pérez e a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, presentaron o programa municipal de visitas guiadas a Sálvora para residentes empadroados en Ribeira e visitantes que se van desenvolver de balde no mes de outubro.

A concelleira informou que estas visitas guiadas levaranse a cabo durante tódolos sábados de outubro xunto co domingo 19 do mesmo mes. A iniciativa responde ao compromiso do Goberno local coa promoción de valores ambientais. Antía Alberte manifestou “que non se pode valorar a riqueza que temos se non a coñecemos e como residentes, temos que ser os primeiros en visitar como se merecen as nosas marabillas”.

Serán visitas guiadas cun mínimo de 100 persoas en cada quenda “para crear un ambiente máis cómodo e enriquecido para todos e todas”. A concelleira falou de que o obxectivo principal é promover o coñecemento e a valoración do Parque Nacional das Illas Atlánticas, fomentar a participación cidadá en actividades de conservación ambiental e ofrecer unha actividade de lecer e educación ambiental aos residentes de Ribeira así como desestacionalizar o turismo na zona.

Pola súa banda o alcalde afirmou que é unha actividade para tódolos públicos, “especialmente a aquelas familias que sexan de Ribeira pero tamén a outras persoas que chegan ao noso concello para dar a coñecer as importantes características ambientais, etnográficas e culturais que temos na illa de Sálvora”.

O programa chámase A esencia de Sálvora. De Ribeira ao paraíso e é unha actividade que se fai por primeira vez no Concello de Ribeira onde a natureza será a protagonista e onde fío condutor serán as lendas sempre tendo coma transversalidade a concienciación ambiental e a sustentabilidade.

Serán 500 persoas que poderán visitar Sálvora de balde onde se van levar a cabo un percorridos pola fábrica de salgadura, a aldea e o faro, cunhas visitas guiadas que tamén falarán de historia e historias. Pérez Barral falou da importancia para o Concello de facer actividades para tódolos públicos e sobre todo, facelas en tempos desestacionalizados e durante todo o ano porque “non é o mesmo visitar a illa no verán que no outono”.

Finalizou o rexedor indicando que é unha actividade promovida pola concellería de Medio Ambiente e tamén conta cunha achega económica do parque Nacional das Illas Atlánticas, “co cal estivemos en contacto e en coordinación para poder desenvolver esta actividade”.

Inscricións:

Poderán inscribirse todas as persoas que o desexen a partir do 24 de setembro na Casa da Xuventude de Ribeira. Poderase acudir presencialmente ou chamando ao teléfono  981835289 en horario de 9:00 a 14:00 horas

Viaxes a Sálvora: 

Todos  os sábados de outubro e domingo 19 saíndo dende as 10:30h do porto de Ribeira, detrás do apeadoiro de autobuses con regreso ás 14:30h.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.