Ribeira abre as inscricións para as terceiras Xornadas Muller e Saúde

22 Setembro 2025

Ribeira acolleu este luns 22 de setembro a presentación da terceira edición das Xornadas Muller e Saúde. Á convocatoria acudiron a concelleira de Educación e Formación, Cruz Rivadulla xunto á asesora legal do CIM (centro de Información á Muller), Dolores Crujeiras. A concelleira informou que o programa está artellado pola Escola Galega de Saúde, “e dende o CIM, con esta edición, levamos participando tres anos no programa que está sempre vinculado á muller e a súa saúde”.

O programa, explicou, vaise desenvolver durante todos os venres do mes de outubro na Casa da Xuventude e constará de catro sesións; a primeira será a maternidade –o embarazo e parto–, o segunda será o puerperio –coidados para a recuperación física e emocional da nai–, a terceira será a lactancia materna -a lactancia materna e os coidados do bebé–, a cuarta e última será depresión posparto –identificar, prever e tratar a depresión posparto.

Rivadulla salientou que son temas que debemos tratar e que a través desta iniciativa as nais poderán despexar dúbidas e dificultades. Engadiu que ás sesións tamén poderán asistir homes que vaian ser pais.

Crujeiras valorou que o obxectivo deste programa é “promover a saúde das mulleres e aumentar a súa calidade de vida”, para iso o programa facilitará ferramentas para que as mulleres se apoderen e sexan suxeitos activos respecto da súa propia saúde, tamén para aumentar os vínculos sociais das mulleres participantes, potenciando a súa autoestima e seguridade persoal e finalmente contribuír ao coñecemento e aproveitamento dos activos existentes para a saúde.

Lugar de celebración: Casa da Xuventude, avenida da Constitución, nº 3

Ribeira

Datas

10 de outubro do 2025- 1a Sesión de 17.00 – 20.00 horas

17 de outubro do 2025- 2a Sesión de 17.00 – 20.00 horas24 de outubro do 2025- 3a Sesión de 17.00 – 20.00 horas

31 de outubro do 2025- 4a Sesión de 17.00 – 20.00 horas

Programa

1ª Sesión- A Maternidade

O embarazo e o parto: cambio físicos e emocionais durante o embarazo; sangrados e ameazas de aborto, que debe saberse, fases do parto, técnicas de control da dor, desmontar tabús.

2ª Sesión-O Puerperio

O puerperio: coidados para a recuperación física e emocional da nai, recuperación tras unha cesárea, coidados da cicatriz, técnicas para calmar ao bebé e que mellore o sono de ambos.

3ª Sesión-Lactancia Materna

A lactancia materna e os coidados do recen nado: a importancia da lactancia materna para a saúde e

o benestar do bebé; técnicas para aleitar de forma efectiva, alimentación, hixiene e manexo do bebé.

Profesorado: Sonia Gonzalez Castroagudin, matrona da Área Sanitaria de Santiago

4ª Sesión-Depresión Postparto

A chamada depresión posparto: identificar, prever e tratar a depresión posparto, coñecer os síntomas, factores de risco e tratamentos, a importancia do apoio social e atención integral ás nais. A influencia dos patróns culturais Profesorado:Raquel Gonzalez Castroagudin- Facultativo especialista da Área Sanitaria de Santiago.

As inscricións poden facerse en liña, a través da conta de correo ribeiradinonvx@ribeira.gal e do teléfono 679 306 188.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.