Rianxo acollerá tres cursos gratuítos sobre aproveitamentos sostibles do monte

24 Setembro 2025

O Concello de Rianxo, en colaboración co Laboratorio Ecosocial do Barbanza, organiza tres formacións gratuítas para promover os aproveitamentos sostibles do monte. As accións están dirixidas a persoas interesadas no emprendemento, a agricultura e a gandería, e contan con financiamento europeo a través da Fundación Biodiversidad do MITECO no marco do PRTR – NextGenerationEU.

Os cursos, que aínda teñen inscrición aberta e prazas dispoñibles, son:

  • “Xestión de gandería extensiva no medio forestal” (40 horas). Do 29 de setembro ao 29 de outubro de 2025, luns e mércores de 17.00 a 20.00 horas e dous sábados pola mañá.
  • “Aproveitamento micolóxico” (40 horas). Do 6 ao 29 de novembro de 2025, xoves e venres de 10.00 a 13.00 horas e sábados de 9.30 a 13.30 horas.
  • “Cultivo de castiñeiro para froito” (50 horas). Do 10 de outubro ao 22 de novembro de 2025, venres de 16.30 a 20.00 horas e sábados de 9.15 a 13.45 horas.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición escribindo a medioambiente@concelloderianxo.gal ou chamando ao 981 86 08 08 (en horario de mañá).

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.