Rianxo acolle este sábado a presentación do libro de Carlos L. Bernárdez sobre a obra plástica de Castelao

25 Setembro 2025

O salón de actos do Auditorio de Rianxo acolle este venres 26 de setembro ás 21.00 horas a presentación do libro Novo diálogo. Achegas á obra plástica de Castelao de Carlos L. Bernárdez, editado por Edicións Laiovento na colección Fóra de serie.

Intervirán María Xesús Blanco, presidenta da Asociación Cultural Barbantia, Pastor Rodríguez, coordinador de Barbantia, e Julián Bustelo, alcalde de Rianxo.

No 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) en Bos Aires, Galiza lembra unha figura clave da súa cultura. Este volume céntrase na contribución do escritor e artista rianxeiro ás artes plásticas, nas que destacou como creador dunha arte galega moderna, cun estilo orixinal que combinou o debuxo satírico cun fondo compromiso ético e político. A súa obra denuncia a inxustiza, o caciquismo, a emigración ou o racismo, mais faino sempre a través dunha coidada construción visual.

Reúnense aquí dous estudos complementarios: Dar forma á diferenza, que ofrece unha visión sintética da súa obra ata a Guerra Civil, e Novo diálogo, centrado nos seus Debuxos de negros e na súa mirada solidaria cara a poboacións racializadas. Ambos textos reflexionan sobre a forza expresiva dunha obra que une cultura popular e compromiso político, e que segue a ser esencial para entender o noso pasado e presente.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.