“Relevo nas subdelegacions do Goberno das provincias de A Coruña e Lugo”. A. Luaces

05 Setembro 2025

Apòs catro anos como subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, este venres cesou no seu cargo -que pasará a ser ocupado polo actual deputado autonómico socialista e ex reitor da Universidade da Coruña (UDC) Julio Abalde.
Debido a esa condición de deputado socialista no Parlamento autonomico, Julio Abalde deberá deixar este cargo -que ocupa desde as eleccións autonómicas do 18 de febreiro de 2024. Será sustituìdo no escano que ocupa pola provincia da Coruña por Aitor Bouza, líder do PSdeG en Santiago e secretario de Acción Territorial e Formación da executiva socialista de Galicia e un dos principais asesores do secretario xeral do partido, Xosé Ramón Gómez Besteiro.
Julio Abalde é doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago (USC). Está estreitamente vinculado ao campo da Educación, onde comezou como docente no ano 1985. Ademais de ser reitor da UDC, Julio Andrade desenvolveu distintas funcións de xestión universitaria en departamentos do mencionado centro universitario coruñés e mesmo da Universidade de Santiago.
Nomeado director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, entre 2005 e 2009, vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías da UDE entre 2012 e 2016, e presidente da Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, entre 2017 e 2028, así como da Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga).
Pola súa banda a ata o de agora subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, pasa a reincorporarse ao concello coruñés, onde é funcionaria desde o ano 2001. Fora nomeada vicesecretaria local do PSOE coruñés antes do verán e agora pasará a adicar a traballos relacionados co municipio coruñés, onde xa traballou na etapa do ex-alcalde socialista Javier Losada.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.