PP e PBBI presentan unha moción de censura en Ribeira para desbancar ao BNG

29 Setembro 2025

O Partido Popular e o Partido Barbanza Independiente (PBBI) rexistraron no Concello de Ribeira unha moción de censura contra o actual alcalde, Luís Pérez Barral (BNG). A iniciativa, presentada en rolda de prensa, debaterase nos vindeiros días nun pleno extraordinario que deberá convocarse no prazo máximo de dez días hábiles.

O acordo, presentado polo voceiro do PBBI, Vicente Mariño, e pola voceira do PP, María Sampedro, propón como candidata á Alcaldía á propia Sampedro e compromete a ambas formacións a desenvolver “un proxecto sólido, eficiente e transparente” que conte coa participación social.

Segundo explican no escrito rexistrado, as principais razóns desta decisión son a “falta de consenso dentro do goberno municipal, a carencia de diálogo coa oposición, a falta de resposta a proxectos estratéxicos e o insuficiente control do gasto en áreas como Festexos”.

O actual executivo está formado por 5 concelleiros do BNG, 5 do PBBI e 1 do PSdeG-PSOE, mentres que o PP ocupa a oposición con 10 edís. A moción conta co apoio dos 10 concelleiros populares e de catro dos cinco do PBBI, xa que o edil Juan Luis Furones pasará ao Grupo Mixto. Desta forma, PP e PBBI suman 14 concelleiros de 21, garantindo a maioría absoluta no pleno.

Mariño subliña que a decisión “non é un ataque persoal” senón unha medida para “defender os principios e o modelo de funcionamento que consideramos máis beneficioso para Ribeira” tras “tentativas frustradas de reconducir a situación”. Pola súa banda, Sampedro afirma que con esta moción “comeza a Ribeira que merecemos” e critica ao actual rexedor por “non gobernar desde o diálogo nin o consenso”.

Se prospera a moción de censura, PP e PBBI comprométense a formar un goberno estable centrado na xestión dos servizos básicos, na recuperación de infraestruturas paralizadas e na captación de investimentos. A folla de ruta inclúe mellora dos servizos públicos, desenvolvemento económico e rural, protección social, igualdade de oportunidades e transparencia.

O novo executivo, sinalan, contará co respaldo de case o 60 % dos votos emitidos nas eleccións de 2023 —7.973 sufraxios fronte aos menos de 3.000 do BNG— e aspira a “recuperar a puxanza e o liderado” do municipio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.