Portosín faise co podio en Optimist e Ribeira domina Escola e a Clase ILCA 4 na Regata GADIS

07 Setembro 2025

Juan Caballero (texto e imaxes). Éxito de organización, tanto no social como no deportivo, da Regata GADIS que organizou esta fin de semana, de maneira brillante, do Club Náutico Deportivo de Ribeira, coa participación de medio centenar de nenas e nenos das clases Optimist Regata, Escola e ILCA 4.

Validáronse todas as probas do programa deportivo, cun campo de regatas que, do mesmo xeito que o sábado, estaba montado diante da praia de Coroso.

Movemento dalgúns banzos no caixón do podio provisional, no que, na clase Optimist Regata, levou finalmente o ouro o sonense Diego Fernández, que do mesmo xeito que os seus membros do equipo de regatas do Real de Portosín, coparon os tres banzos, sendo prata Alejandro Ferrín, e o bronce para o ata este domingo líder, Alonso Ons.

O sonense Diego Fernández recollendo o galardón de mans de Ramiro Carregal

Houbo premios para o Grupo Prata, do que o vencedor foi o membro do equipo de regatas do Náutico de Ribeira, Ian Otero. Seguiulle na prata Pablo Rubio, de Portosín. E foi bronce Pablo González, tamén de Ribeira.

En Escola non houbo sorpresas e o triunfo foi para Nico Sampedro, con catro primeiros. Segunda foi a súa compañeira de grímpola do Náutico de Ribeira, Valeria Serrano, do mesmo xeito que do mesmo club o bronce, Teo Pego.

Bruno Iglesias recollendo a distinción

En ILCA 4 o claro vencedor foi Bruno Iglesias, con todas as probas parciais entrando de primeiro, que foi ata seis veces. Seguiulle en segundo lugar Enzo Ferrón, con segundos e terceiros. E a terceira praza foi para Daniel Iglesias, a un punto de Ferrón, que foron 14. Os tres do Náutico de Ribeira.

Os vencedores de todas as categorías

A entrega de premios celebrouse ás seis da tarde, contando coa presenza do presidente de Honra do Náutico de Ribeira, Ramiro Carregal Rey, quen na súa intervención felicitou aos nenas e nenas que participaron nesta edición da Regata GADIS, anunciando a construción dunha nova escola de vela, mellorando as prestacións do actual respecto ás súas instalacións. Acompañáballe José Luis Torres Colomer, presidente do club, así como Luis Vázquez, Delegado de GADISA en Ribeira; Herminia Pouso, concelleira de Facenda do Concello ribeirense; Ángeles Cores, presidenta de Cruz Vermella en Ribeira; así como un alto número de representantes da xunta directiva do Náutico.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.