Portos de Galicia confirma que o incendio do Awadi está controlado e o barco mantén a flotación en Ribeira

03 Setembro 2025

Continúan activos tres focos de lume no barco de Ribeira, pero hai optimismo: “Non é necesario retirar o combustible”.

TVG

“Non hai tranquilidade ata o final, pero cada vez está mellor a situación”. Con estas palabras o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, resumía á TVG o estado do arrastreiro Awadi, que leva varios días ardendo no porto de Ribeira.

Aínda que no interior da embarcación permanecen tres focos de lume activos, o incendio atópase controlado. Os esforzos céntranse agora en achicar auga para reducir a escora e manter a flotabilidade do barco, unha tarefa que, segundo os técnicos, está a dar resultado. De feito, xa non é preciso o apoio dun arrastreiro para estabilizar a embarcación.

O operativo confirma que non será necesario retirar o combustible almacenado a bordo. En todo caso, e como medida preventiva, o buque continúa rodeado de barreiras anticontaminación para actuar de inmediato ante calquera posible vertedura.

O armador do Awadi colabora en todo momento cos traballos de seguridade, mentres que os equipos de emerxencia mostran un moderado optimismo sobre o desenlace. Todo apunta a que o barco poderá ser retirado da auga, aínda que o seu destino sexa directamente a despezamento como ferralla.

Tras varios días de actividade intensa no porto, as autoridades avanzan que o porto comercial de Ribeira podería reabrirse ao longo da xornada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.