Porto do Son empeza as Festas do Carme, que se celebran do 7 ao 11 de setembro

06 Setembro 2025

A Comisión de Festas de Porto do Son, en colaboración co Concello, organiza entre o 7 e o 11 de setembro, a edición 2025 das Festas do Carme, que contarán cun amplo e variado programa de actividades (relixiosas, musicais, de lecer, deportivas) para non deixar a ninguén fóra das celebracións.

As festas comezarán o domingo 7 a primeira hora coas dianas e alboradas do grupo de gaitas Canlebó, e proseguirán sobre as 13.00 horas coa saída dos cabezudos Os Viqueiras de Ordes dende o CEIP Santa Irene até a praza de España para alí dar a benvida ao pregoeiro, Juan Fuentes, cuxa intervención inaugural está prevista para as 13.30 horas. Pola tarde ás 17.30 horas celebrarase a Copa Concello de Porto do Son (Memorial Emilio García). Pola noite celebrarase a verbena con Los Españoles e Marbella, orquestras acompañadas de Chocolate Disco Móbil DJ.

O luns 8 será o día na honra da Virxe do Carme e arrincará coas dianas e alboradas do grupo de gaitas Canlebó para proseguir logo as actividades coa saída da Virxe do Carme en procesión dende a Capela da Atalaia até a explanada portuaria. Ás 11.00 haberá misa solemne acompañada da Banda de Música de Caamaño e ao rematar celebrarase a procesión marítima coa tradicional ofrenda floral polos falecidos no mar, rematando cunha tirada de fotos. Pola noite haberá verbena con América SL e New York.

O martes 9 estará adicado á Virxe do Loreto. Arrincará coas dianas e alboradas de Canlebó. Haberá misas na Capela de Loreto ás 9h, ás 10, ás 11, ás 12, ás 18 e ás 19. Ás 13.00 horas celebrarase unha misa solemne acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Despois haberá unha sardiñada no campamento de Loreto amenizada por Paco de Leña. Pola noite actuarán Kubo e a Discomóbil Chocolate.

O mércores 10, adicado a San Roque, arrincará novamente con Canlebó. Ás 12h celebrarase unha misa solemne na Capela da Atalaia e logo haberá unha procesión coa Banda de Música de Caamaño. Pola noite, a partir das 22h, volverá a verbena con Los Satélites e Finisterre.

As festas rematarán o xoves 11, o día da Caridade. Logo das dianas e alboradas co grupo de gaitas Canlebó haberá misa solemne na igrexa parroquial e posterior procesión acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Ás 17.00 horas haberá actividades para a rapazada no xardín do porto: os inchábeis de Tikolandia e unha festa da escuma. Pola noite será a quenda da verbena coas orquestas París de Noia e Triunfo, máis a cabina de Discomóbil Chocolate. A partir das 0.00 horas tiraranse os fotos de artificio e a continuación haberá ruada e festa da auga coa Charanga Os Celtas.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.