A Pobra investirá preto de medio millón na reconstrución da sede do Club de Remo e en tres proxectos de reforzo da seguridade viaria

11 Setembro 2025
A sede do Club de Remo sufriu un incendio en xaneiro

O Concello da Pobra do Caramiñal anunciou este xoves 11 que vai destinar preto de medio millón de euros (en total, 432.069,87) á execución de tres obras: á reconstrución da antiga sede do Club Remo da Pobra (Club de Remo Puebla), á pavimentación dun camiño nas Pedriñas, ao ensanche e pavimentación dunha vía en Rosamonde e á mellora do acceso á Pontenaveira. Así se acordou no pleno extraordinario deste xoves 11, no que a Corporación local aprobou a proposta de actuacións que se financiarán con cargo ao POS Adicional+2025 (segunda fase) da Deputación da Coruña. O punto saíu adiante co voto a favor de Nós Pobra, BNG, PSOE e de Veciñxs Independentes Pobra e coa abstención do Partido Popular.

Da contía provincial, o Concello destinará 274.895 euros á reconstrución da antiga nave do Club de Remo.

A edificación, situada no paseo marítimo, sufriu un incendio en xaneiro que afectou á súa estabilidade e imposibilitou o uso por parte da entidade. O proxecto estará dividido en dúas fases procedéndose, en primeiro lugar, á demolición, desmontaxe e retirada de cascallos para, a continuación, reconstruír e reparar as estruturas danadas. As intervencións municipais permitirán actuar sobre as paredes, a cuberta, que se reconstruirá por completo e implicarán tamén a renovación das ventás e portas, entre outras tarefas.

Reforzo da seguridade

O Concello dedicará tamén parte dos fondos provinciais á realización de tres actuacións para mellorar as condicións de seguridade viaria. Trátase, tal e como explicou a concelleira de Obras, Patricia Lojo, de intervencións que se acometerán “para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas, cos que se mantiveron encontros para coñecer as problemáticas de cada zona”.

No caso de Pedriñas, renovarase o pavimento actual, que está moi deteriorado. Na Pontenaveira, as intervencións permitirán actuar sobre o firme e tamén sobre un muro de mampostería. Por último, no de Rosamonde acondicionarase o firme, ampliarase o ancho da calzada e instalaranse unha serie de sumidoiros para recoller a auga da choiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.