Pechada a investigación da liorta mortal de Ribeira con 15 detidos

25 Setembro 2025

A Policía Nacional deu por pechada a investigación da violenta liorta ocorrida en Ribeira o pasado 1 de xullo, tras visionar durante meses os vídeos gravados por cámaras de seguridade e por testemuñas co móbil. O obxectivo era identificar os participantes no enfrontamento entre dúas familias, os Bentos, de Santiago de Compostela, e os Borja, de Ribeira, durante unha pedida de man.

O conflito rematou co atropelo mortal do tío do noivo e outro familiar ferido moi grave por lesións de arma branca. Ese mesmo día, a Policía detivo seis persoas na peaxe da AP-9, á altura de Teo, todas da familia compostelá, entre elas o irmán do falecido, que permanece en prisión investigado por homicidio involuntario ao ser considerado autor do atropelo.

Días despois houbo seis novas detencións, nesta ocasión de membros da familia de Ribeira, residentes no poboado da Conlleira. Un deles ingresou no cárcere acusado de golpear cun machado un dos participantes na liorta.

As pescudas continuaron e nas últimas semanas a Policía arrestou tres persoas máis: dúas por participar activamente na agresión ao home que quedou gravemente ferido e outra por conducir un vehículo que levou por diante mobiliario do local onde se celebraba a festa.

Con estas últimas actuacións, a Policía suma 15 detidos e dá por concluída a investigación dunha pelexa mortal na que participaron preto dun cento de persoas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.