Outes á Escena achega dezasete espectáculos para todos públicos até o mes de febreiro

08 Setembro 2025

A Área de Cultura do Concello de Outes compartiu a axenda de Outes á Escena, a programación de espectáculos de artes escénicas que durante as fins de semana dos meses de setembro, outubro, novembro, decembro, xaneiro e febreiro, representaranse no auditorio da Casa da Cultural. Serán en total dezasete espectáculos teatrais para todos os públicos.

As entradas saíran á venda na plataforma habilitada 15 días antes da representación e o luns previo tamén estarán dispoñíbeis as reservadas para a venda presencial na Casa da Cultura.

Establécense dous bonos: o bono xeral (que dará acceso a todas as obras para adultos e ten un prezo de 30,80 €) e o bono miúdo (para as obras para o público infantil e familiar e cuxo prezo é de 14,70 €). Ámbolos dous poderán solicitarse a partir do luns 8 de setembro na Casa da Cultura.

O certame comezará o 27 de setembro ás 20.30 horas con As Desterradas, de Producións Teatrais Excéntricas, e proseguirá o 4 de outubro con As damas de Ferrol, de Teatro do Noroeste, a partir das 20.00 horas. Continuará o 11 de outubro con Tavole, de Zirko Txosko, ás 19 horas (público infantil e familiar) e con Zozobra (o 19 de outubro ás 20.00 horas, a cargo de Roca Producións). Outubro pechará con As Gardiás, de Teatro de Ningures, a partir das 20.00 horas. Podemos consultar a axenda enteira na web municipal do Concello de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.