Os Heredeiros da Crus actúan este sábado en Campo Maneiro (Taragoña)

19 Setembro 2025

A troula prosegue este sábado 20 de setembro en Rianxo, logo das Festas da Guadalupe que rematan hoxe. En concreto, este sábado retomaranse as Festas de Taragoña e levarase a cabo o concerto que tivo que se aprazado no seu día. Actuarán a histórica banda rockeira da nosa comarca Heredeiros da Crus, o Grupo Euphoria e máis Disco Móbil Euphoria Show. A cita será a partir das 22.30 en Campo Maneiro (Taragoña) co concerto dos dos Heredeiros, estando prevista a actuación de Euphoria a partir da medianoite aproximadamente. Organiza a comisión veciñal de festas de Taragoña.

Heredeiros da Crus presentará as cancións do seu novo traballo discográfico, Trankimasin, xunto cos clásicos temas do seu repertorio. Nas súas palabras, Trankimasin é “unha colección de 12 comprimidos receitados en caso de deficiencia sanguínea de rock setenteiro e sempre baixo a estrita supervisión médica dos máis ghrandes”. Engaden que “a composición destas pastillas vai desde a irreverencia ata a retranca sempre mesturadas con alta dose de guitarras electrizantes e moitos miligramos do seu excipiente segredo: o ferro da base tractora demoledora dos Heredeiros”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.