Os empresarios de Ribeira logran un novo éxito de participación na súa campaña de volta ao cole, con 1.423 tíckets rexistrados

24 Setembro 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) fixo balance da actividade xerada pola súa campaña Volta ao Cole, posta en marcha para dinamizar as vendas ao remate da tempada estival ao tempo que se recompensou a fidelidade polo comercio local e se botou unha man ás familias na costa arriba de setembro. En total rexistráronse 1.423 tíckets.

Este martes 23 de setembro celebrouse o sorteo da campaña, na que se puxeron en xogo vales de compra por valor de 500 euros e diversos lotes de material escolar.

“A iniciativa contou cunha excelente acollida, rexistrándose un total de 1.423 tíckets de compra”, explicou a directiva da AER.

“Desde a Asociación”, engadiron, “queremos agradecer sinceramente a todas as persoas que día a día elixen os comercios locais para realizar as súas compras. O seu apoio é fundamental para manter viva a economía de proximidade e contribuír ao desenvolvemento do noso tecido comercial”.

A campaña Volta ao Cole naceu co obxectivo de dinamizar as compras durante o regreso ás aulas e poñer en valor a importancia do comercio de proximidade. “Grazas á alta participación, consideramos que os obxectivos foron amplamente cumpridos”, sinalaron dende a patronal, engadindo que “para máis información sobre os gañadores e futuras campañas, animamos a seguir os nosos perfís nas redes sociais ou contactar cos establecementos adheridos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.