O PSOE defende un Centro de Día público en Rianxo e chama ao diálogo para definir o modelo de xestión

27 Setembro 2025

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo reafirma o seu compromiso coa creación dun Centro de Día 100% público, que garanta o acceso universal e de calidade ás persoas maiores e dependentes do municipio. A moción presentada no último pleno instaba á Xunta de Galicia á execución inmediata do proxecto e propoñía a creación dunha comisión de seguimento para asegurar a participación cidadá, a transparencia e a planificación conxunta.

Porén, a proposta non saíu adiante ao votar en contra REC e PP. A pesar do resultado, os socialistas ven esta situación como un punto de partida para reflexionar e consensuar o modelo de xestión. “É o momento de sentarse, dialogar e definir con claridade cal debe ser o modelo de servizo que queremos para Rianxo. O noso obxectivo non é confrontar, senón tender a man para construír xuntos un proxecto sólido, como estamos facendo coa residencia de maiores que a Deputación construirá no noso municipio”, sinalou o portavoz socialista, Óscar Rial.

Desde o PSOE subliñan que, mentres noutros concellos se están a promover proxectos con capital privado que supera os 800.000 euros, en Rianxo fálase dunha aportación municipal arredor de 170.000 euros sen ter claro aínda o modelo final de xestión. Esta situación reforza, segundo os socialistas, a necesidade dunha planificación clara e compartida, onde todas as forzas políticas e a cidadanía coñezan o custo final do servizo, o número de prazas, a súa distribución e o financiamento necesario.

Rial advertiu que se deben evitar casos como o da Biblioteca Municipal, que leva un ano sen uso por falta de planificación, ou a incerteza sobre o Pazo de Rianxiño, sen un destino definido. “A veciñanza merece certezas, transparencia e servizos públicos de calidade, non proxectos que xeren dúbidas ou división”, engadiu.

O PSOE insiste en que a súa proposta non pretendía só marcar unha posición política, senón abrir un proceso de participación e debate no que todas as opcións estivesen enriba da mesa antes de tomar decisións definitivas. “O noso compromiso é claro: defenderemos sempre un modelo público que garanta a igualdade de acceso e que non supoña unha carga económica para as familias. Pero tamén queremos escoitar, dialogar e buscar acordos que permitan sacar adiante un proxecto que sexa de todos e para todos. Agora é momento de que todas as forzas asumamos a nosa responsabilidade e traballemos xuntas para facer realidade este servizo esencial”, concluíu.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.