O PSdG brinda o seu apoio ás anpas de Rianxo nas súas reivindicacións de melloras educativas

28 Setembro 2025

Os socialistas da provincia da Coruña participaron na mañá deste 28 de setembro, domingo, na concentración convocada pola Coordinadora de ANPAS en Rianxo, unha mobilización que reuniu a familias, alumnado e profesorado en defensa da educación pública e en contra dos recortes que a Xunta de Galicia está a aplicar nos centros educativos da comarca do Barbanza.

A marcha partiu do peirao de Rianxo e percorreu as rúas principais da vila até a praza Castelao, onde se leron os manifestos reivindicativos. Baixo o lema Na defensa dunha Educación Pública xusta e igualitaria, a comunidade educativa quixo denunciar a perda de recursos humanos e materiais que sofren os CEIP e IES da contorna.

As deputadas e deputados socialistas quixeron arroupar as ANPAS e ao conxunto da comunidade educativa. Así, estiveron presentes a deputada Patricia Iglesias e o deputado Aitor Bouza, que quixeron mostrar co seu apoio o compromiso do PSdeG coa defensa da educación pública.

Iglesias destacou que “hoxe os socialistas de Galicia estivemos en Rianxo na concentración que convocaron as ANPAS polos recortes educativos que se están a suceder en todos os CEIP e IES desta comarca”.

A deputada criticou duramente a actitude do conselleiro de Educación, a quen acusou de “mirar para outro lado porque nin sequera reciben no seu despacho as ANPAS para escoitar as súas reivindicacións, unha mostra clara da falta de empatía e sensibilidade coa educación pública”.

Iglesias dixo que “a redución de profesorado, a masificación de aulas e a supresión de apoios especializados son decisións que afectan directamente á calidade da aprendizaxe e á igualdade de oportunidades do alumnado”. Engadiu que as e os socialistas “defendemos que o Goberno galego non pode tratar a escola pública como un gasto a recortar, senón como un investimento fundamental para o futuro do país.”

Desde o grupo socialista no Parlamento de Galicia, Iglesias avanzou que “se esixirá formalmente ao Executivo autonómico que poña fin a estes recortes”, que, segundo advertiu, “xa se están convertendo en algo habitual no inicio de curso”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.