O PSdeG denuncia os recortes na educación pública en Ribeira e respalda á comunidade educativa do CEIP O Grupo

27 Setembro 2025

Os deputados socialistas Aitor Bouza e Patricia Iglesias, xunto co voceiro do PSdeG en Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, participaron este na mobilización convocada pola ANPA do CEIP O Grupo para denunciar os recortes do Goberno autonómico e reclamar máis profesorado e recursos para o centro.

A protesta desenvolveuse diante do colexio e contou coa presenza de centos de familias, docentes e membros da comunidade educativa, converténdose nunha chamada de atención á Xunta de Galicia pola situación crítica que atravesa o CEIP O Grupo, con carencias estruturais e redución reiterada de prazas de profesorado.

A deputada Patricia Iglesias lembrou que se trata de reivindicacións históricas e sinalou que “o conselleiro de Educación non atende estas peticións. Desde o PSdeG pedimos e apoiamos estas protestas e levaremos a súa voz ao Parlamento para esixir unha resposta ás necesidades que reclama a comunidade educativa de Ribeira”.

Durante a mobilización, Francisco Suárez-Puerta advertiu que “o Goberno autonómico está a dar as costas ás necesidades reais dos centros educativos do noso municipio, poñendo en risco a igualdade de oportunidades do alumnado”. Tamén anunciou que o próximo luns no pleno municipal defenderán as necesidades do CEIP O Grupo e que seguirán apoiando ás familias “para que non se vexan prexudicadas pola política educativa do Partido Popular”.

Pola súa banda, Aitor Bouza comprometeuse a trasladar estas demandas ao Parlamento galego para esixir unha solución inmediata ás necesidades do centro, “que se converteu nun símbolo da loita pola educación pública na comarca”.

O grupo socialista local reiterou que continuará traballando man a man coas familias, o profesorado e a sociedade civil, defendendo un modelo educativo público, inclusivo e con recursos suficientes que garanta o futuro das novas xeracións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.