O programa Espazos Sonoros da Deputación leva a Muros, este venres, a agrupación Per-Sonat

18 Setembro 2025

Este sábado 20 de setembro, o grupo Per-Sonat, dirixido por Sabine Lutzenberger, acompañada por Tobie Miller (voz e zanfona), Karin.M.Weston (voz) e Elisabeth Rumsey (fídula), estará ás 19.00 h no Santuario da Virxe do Camiño de Muros, cun concerto baixo o título A Peregrina: mulleres peregrinas na Idade Media e os seus cantos, con obras do Llibre Vermell, do Códice das Huelgas e do Laudario de Cortona. Será un concerto de balde e entrada libre até completar capacidade.

Espazos Sonoros é un festival de músicas en espazos de interese cultural que nace en 2008 coa idea de ofrecer a súa programación ao longo de diferentes escenarios da xeografía galega, permitindo á vez a valorización do patrimonio cultural, musical e organístico e a captación e educación de públicos para a música clásica e as outras músicas, dentro dun proxecto en constante evolución.

Espazos Sonoros é un programa organizado pola área de patrimonio da Deputación para poñer en valor a música antiga e o patrimonio cultural e arquitectónico da provincia. A axenda de 2025 arrincou o 31 de agosto co Il Concerto Intempestivo celebrado no Convento de Santo Antonio de Herbón (Padrón) e prolongarase ata o 4 de outubro en diferentes espazos senlleiros do patrimonio provincial.

Programación

Domingo 7 de setembro, 17.30 horas: Vox Stellae (igrexa parroquial de Santa María de Bares, Mañón).

Sábado 13 de setembro, 19 horas: Alexia Chrysomalli & Óscar Antolí (Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira-Estaleiro do Ciprián, Outes).

Sábado 20 de setembro, 19 horas: Per-Sonat (santuario da Virxe do Camiño, Muros).

Sábado 27 de setembro, 17 e 18.30 horas: Paulina Ceremużyńska e Manuel Vilas (Santo Antoíño de Toques).

Domingo 28 de setembro, 12.30 horas: Suelen Estar Quartet (Centro Etnográfico do río Mandeo, Curtis).

Sábado 4 de outubro, 20 horas: concerto de clausura, con Rosana Orsini & ensemble freymut (Teatro de Beneficencia, Ortigueira).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.