Comeza no Convento de Herbón o ciclo Espazos Sonoros da Deputación

31 Agosto 2025

O Convento de Santo Antonio de Herbón acolleu esta tarde deste domingo 31 a inauguración dunha nova edición do ciclo Espazos Sonoros, organizado pola área de patrimonio da Deputación para poñer en valor a música antiga e o patrimonio cultural e arquitectónico da provincia. O Il Concerto Intempestivo abriu en Padrón un programa que se prolongará ata o 4 de outubro en diferentes espazos senlleiros do patrimonio provincial. Ademais do concerto, durante a tarde tivo lugar unha visita ao conxunto conventual de Santo Antonio de Herbón e á igrexa románica de Santa María

Durante a inauguración, o deputado de patrimonio e contratación, Xosé Penas, sinalou o obxectivo desta iniciativa: “poñer en valor o noso patrimonio e a música antiga, e tamén reflexionar sobre a necesaria retención do talento que temos para evitar que se vexa na obriga de emigrar a outros países para poder vivir da música”.

Penas engadiu que Espazos Sonoros é “un festival cun selo de calidade, onde participan os mellores grupos do panorama musical internacional, e que aposta polo complemento de actividades arredor dese eixo central da música e do patrimonio”.

Programación

Domingo 7 de setembro, 17.30 horas: Vox Stellae (igrexa parroquial de Santa María de Bares, Mañón).

Sábado 13 de setembro, 19 horas: Alexia Chrysomalli & Óscar Antolí (Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira-Estaleiro do Ciprián, Outes).

Sábado 20 de setembro, 19 horas: Per-Sonat (santuario da Virxe do Camiño, Muros).

Sábado 27 de setembro, 17 e 18.30 horas: Paulina Ceremużyńska e Manuel Vilas (Santo Antoíño de Toques).

Domingo 28 de setembro, 12.30 horas: Suelen Estar Quartet (Centro Etnográfico do río Mandeo, Curtis).

Sábado 4 de outubro, 20 horas: concerto de clausura, con Rosana Orsini & ensemble freymut (Teatro de Beneficencia, Ortigueira).

Outras actividades

Coma todos os anos, o ciclo propón unha serie de actividades vencelladas aos espazos, que permitirán afondar no coñecemento destes e das súas contornas, con visitas guiadas, percorridos pola natureza ou actividades para saber máis dos contidos musicais da programación. Entre elas destacan unha xornada en Bares e visita ao faro (7 de setembro), a Ruta dos carpinteiros cos pés mollados (13 de setembro), unha ollada ao patrimonio histórico e industrial de Muros (20 de setembro), unha visita ao castro da Graña e á igrexa de Santo Antoíño de Toques (27 de setembro) e unha visita ao Centro Etnógráfico do Mandeo e paseo sonoro polo río Carregal (28 de setembro).

Os concertos son de balde e a entrada libre, agás para os recitais en Santo Antoíño de Toques e no Centro Etnográfico do Río Mandeo, que precisan inscrición previa, o mesmo que as outras actividades do programa. Na web do ciclo, espazossonoros.org, podedes consultar a programación polo miúdo e como e en que prazos realizar as inscricións.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.