O pombal da reitoral de Santa María do Xobre, na Lista Vermella do Patrimonio

18 Setembro 2025

O portal da Lista Vermella de Patrimonio que mantén e actualiza Hispania Nostra, co obxectivo de sensibilizar á poboación e ás administracións sobre a necesidade de coidar e poñer en valor os tesouros arquitectónicos, artísticos e culturais das dezasete Comunidades, incluíu na súa relación de bens ameazados (categoría de patrimonio civil, arquitectura vernácula) o pombal da reitoral de Santa María do Xobre, na Pobra do Caramiñal, que foi residencia da aristocracia eclesiástica en época barroca e foi reedificada no ano 1758 para incluír un patio de uso agrícola.

Trátase dun pombal de planta circular con corpo cilíndrico de cachotería enlucida e cuberta cónica de tella curva. Presenta unha cornixa saínte na parte inferior do tellado que serve de paso e soporte para que as pombas poidan chegar aos seus niños. Forma parte do conxunto da reitoral de Santa María do Xobre e está catalogado pola Xunta e no PXOM

Respecto do estado de conservación, “malia que todo o conxunto da reitoral ten deficiencias na súa conservación, o pombal é o elemento en peor estado. Nos últimos anos perdeu parte da estrutura do teito e atópase rodeado de maleza que se está incrustando na cachotería”, sinalan dende Hispania Nostra.

Localidade: A Pobra do Caramiñal

Data de inclusión: 09 setembro, 2025

Período histórico: Idade Moderna

Época: Séculos XVI-XVIII

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.