O Pazo de Goiáns acolle este venres unha nova visita teatralizada a cargo de Os Quinquilláns

09 Setembro 2025

Este venres 12 de setembro celébrase no Pazo de Goiáns (Boiro) unha nova visita teatralizada, guiada e comentada a cargo de Os Quinquilláns. Será a partir das 19.00 horas.

O programa de visitas, realizadas polos Quinquilláns, ten como finalidade dar a coñecer a historia do inmóbel a través das personaxes que o habitaron.

As visitas do mes de setembro serán os días 5 e 12 de setembro ás 19.00 horas.

Estas sesións divulgativas comentadas están dirixidas a mostrar polo miúdo, dun xeito divertido e tamén divulgativo, os importantes tesouros arquitectónicos e ambientais do pazo e, tamén, a súa historia no tempo.

O programa vén da man do Concello de Boiro e as sesións serán conducidas novamente polo grupo Os Quinquilláns, compañía teatral especializada no teatro de rúa e infantil, que conta cunha longa experiencia recreando algúns dos fitos máis destacados da nosa historia e da nosa cultura.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.