O Outono das Artes da Deputación trae a Ribeira tres actuacións de primeira liña: concertos de Uxía e Sumrrá e os 25 anos de Donaire

10 Setembro 2025

O Auditorio Municipal de Ribeira acollerá neste trimestre tres actuacións promovidas pola Deputación da Coruña no marco do programa Outono das Artes, un programa que xurde como apoio á divulgación e promoción das diferentes formas de expresión artística presentes en Galicia. Este mércores 10 de setembro presentáronse as tres actuacións programadas para Ribeira nunha cita cos medios na que participaron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e o Dinamizador Cultural do concello, Unai González.

Alberte informou que dende a área de Cultura de Ribeira colaboramos con este programa provincial “para achegar algunhas das mellores propostas musicais do momento á nosa veciñanza e con entrada de balde”.

Anunciou tamén que a primeira das actuacións será o vindeiro sábado 20 de setembro, ás oito da tarde, con Uxía como protagonista. A artista galega achegará á veciñanza de Santa Uxía e da contorna o seu espectáculo Será por flores, co que conmemora os seus 40 anos na música. “É un espectáculo único e intimista, onde revisará os piares do seu percorrido musical e as súas raíces galegas, no que conxugará os temas máis emblemáticos do seu repertorio con outras creacións máis novas”, adiantou a concelleira, sinalando que a entrada será gratuíta ata encher a capacidade da sala e con apertura de portas para acceso do público dende media hora antes.

Xa no mes de novembro, aproveitando que é o mes no que se conmemora Santa Icía a patroa da música, teremos as outras dúas actuacións.

Por unha banda, o sábado 15 de novembro, tamén ás oito, conmemorarase o 25 aniversario dunha das mellores agrupacións de jazz de Galicia: Sumrrá. O trío ofrecerá un concerto especial por este aniversario e fará parada no Auditorio Municipal de Ribeira.

Na seguinte fin de semana, o sábado 22, será a quenda da Asociación Cultural Donaire, que tamén estará en Santa Uxía para celebrar o seu 25 aniversario, un fito importante co que conmemoran tantos anos de traballo incansábel na defensa e divulgación da cultura tradicional galega.

Para rematar a concelleira de Cultura salientou: “Temos un outono cargado de opcións culturais no noso Auditorio Municipal, xa que ás funcións da Mostra de Teatro, súmanse outras accións como a estrea teatral do 19 de setembro que presentamos onte e agora tamén estas tres actuacións musicais, polo que haberá propostas para todos os públicos e para todos os gustos ao longo destes meses”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.