“O imposible dura un pouco máis”. Antón Luaces

28 Setembro 2025

Sí, é certo o que dí o proverbio chinés: “o imposible dura un pouco máis” o que non significa que dure eternamente, porque virá un día no que a imposibilidade chegue ao seu remate dado que o imposible é finito e ata as demoras médicas en  atención especializada e a falta de profesionais en atención primaria en Ribeira terán solución.

Quen non lembra alugar un taxi para acudir con urxencia á consulta médica a Santiago de Compostela?. Canto foi necesario pedir e mesmo esixir ata que Ribeira chegou a dispor, primeiro, do centro de saúde e, anos dempois, do hospital público que hoxe é unha realidade?. Esta, sen embargo, nada ten que ver co que os barbanzáns queren e precisan. Porque o Sergas xoga con outras figuras no xadrez da súa planificación política: o privado fronte ao público. Quen manda, manda, e sempre manda, sempre, o interese económico, que é o que prima -degraciadamente- á hora de elaborar orzamentos. E aínda así, os responsables políticos da Sanidade que dan prevalencia ao privado fronte ao público caerán da burra algún día e serán quen de actuar conforme ÁS NECESIDADES do pobo (que é quen máis manda de aquí a Grándola, que é, en Portugal, Vila Morena) porque caerán na conta de que a privatización da Sanidade non é a solución ao problema que require quen, en definitiva, paga: outra volta, o pobo, que quita e pon para que goberne quen pode e non  quen  quer.

A sanidade privada -ou o que ven ser o mesmo, privatizar a sanidade pública, que é o que maioritariamente rexeita a poboación barbanzana- non se acada deixando a pública no ostracismo, abandonando as súas obrigas como responsables da pública en Galicia e España. 

Esta ten nas súas mans as vidas de millóns de persoas, goberne quen goberne. Compleméntase, certamente, coa privada, pero é a necesidade das maiorías  a que debe ser atendida preferentemente. Sen opcións dende a formulación gobernamental, que há ser pública sen dúbida.

Da privada pode chegar un momento -séino por experiencia- en que o profesional médico recomende ao doente que se poña en mans dos profesionais mëdicos do SERGAS porque “o seguro non pode facer máis por vostede” e na sanjdade pública hai intervencións cirúrxicas a mans cheas que “permiten un grao de especialización que non sempre se produce na privada”, por máis que a función profesional do cirurxán sexa realizada indistintamente nun  hospital público ou privado polo mesmo especialista.

Velaí o motivo polo que o día 10 de outubro, ás 16,30 horas, vai formarse unha cadea humana dende o centro de saúde de Ribeira ata o hospital da Barbanza polas demoras en atención especializada e pola falta de profesionais en atención primaria. As saídas serán simultáneas desde o centro de saúde de Ribeira e o hospital da Barbanza.

A de Ribeira é dende  ai anos a maior poboación da Barbanza e o seu hospital público é o único ata Santiago ou Cee, A Coruña e Ferrol no conxunto da provincia. É obrigado polo tanto, que se dote axeitadamente de medios persoais e técnicos a un centro hospitalario das características do de Ribeira para que se cumpra o proverbio chinés: “O imposible dura un pouco mais”. Non o eternicen na súa calamitosa polarización.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.