O Festival Internacional Amador de Galicia, impulsado pola Deputación, levará cinco espectáculos a Ribeira

23 Setembro 2025

Este martes 23 de setembro presentouse en Ribeira o festival Teatral FITAGAL 2025, un novo certame que aposta pola diversidade de estilos, a revisión crítica dos clásicos e a promoción de compañías galegas e internacionais de teatro afeccionado. Á presentación acudiron Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Antía Alberte, concelleira de Cultura do Concello de Ribeira xunto a David Vázquez e Javier Fernández de FETEAGAL (Federación de Teatro Afeccionado de Galicia).

Natividade González definiu a Ribeira durante a presentación coma “un epicentro cultural de moitísimos espectáculos que se fan ao longo do ano”. A deputada salientou tamén a importancia de participar xunto coa Federación en proxectos tan interesantes e singulares coma este, “onde imos ter unha gran variedade de compañías de diferentes lugares neste Festival Internacional de Teatro”. González puxo en valor o teatro amador, “porque é esa outra cultura da que formamos parte, da que queremos ser e da que somos“.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura de Ribeira informou que dende a Deputación xunto coa Federación de Teatro Afeccionado de Galicia, propuxeron incluír esta mostra internacional en Ribeira, “da cal damos as grazas e a benvida, agardando gozar dos membros das diferentes compañías de teatro”.

Antía Alberte indicou que tódolas fins de semana dende o vindeiro sábado 27 de setembro até o domingo 16 de novembro representaranse as obras que van ser de balde até completar aforo. O horario das representacións serán ás 20.00 horas e as portas estarán abertas media hora antes para coller a entrada.

Javier Fernández, vicepresidente de FETEAGAL, sinalou que grazas ao apoio da Deputación da Coruña, o FITAGAL poderá ampliar a súa programación e garantir a participación de grupos galegos, nacionais e internacionais, “este ano, o festival renova o seu nome e busca consolidarse como un referente do teatro amador en Galicia”.

FITAGAL ten como obxectivo principal dar visibilidade ao teatro amador galego, promovendo espectáculos de diversa temática e ofrecendo ao público unha programación renovada cada ano.

Programación

27 de setembro – Denigrantes Comediantes (Nigrán) Obra: Amareite ata que te odie Triloxía de amores improbables en clave de traxicomedia aceda. Duración: 60 minutos.

4 de outubro – EntreCajas Fusión Teatro (Santander) Obra: Soños do Mar Negro Dúas pezas curtas de Antón Chéjov que abordan a igualdade feminina a través da ironía e o humor. Duración: 75 minutos.

5 de outubro – Noite Bohemia (A Coruña) Obra: “A Casa de Bernarda Alba” O clásico lorquiano atemporal, cunha posta en escena intensa e respectuosa coa obra orixinal.

12 de outubro – Cardume Teatro (A Coruña) Obra: “As Galas do Defunto” Adaptación esperpéntica baseada na obra de Valle-Inclán, con elementos de Luces de Bohemia e Os cornos de don Friolera. Unha proposta irreverente e crítica.

16 de novembro – Thiassos Teatro (Universidade de Coimbra, Portugal) Obra: “Helena” de Eurípides Revisión do mito de Helena, que ofrece unha historia paralela á que provocou a guerra de T roia. Duración: 75 minutos.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.