O Dúo Simant e a Banda de Música de Noia ofrecerán un concerto conxunto no Liceo de Noia

03 Setembro 2025

O Dúo Simant, formado polo trompetista Rubén Simeó, de recoñecemento internacional, e o pianista Antonio Morant, catedrático de conservatorio, actuará este sábado, 6 de setembro, xunto coa Banda de Música de Noia. O concerto terá lugar no Liceo de Noia a partir das 22.00 horas e incluirá un repertorio variado, pensado para todos os públicos.

A presentación do evento celebrouse este mércores no Casino de Noia, nun acto no que participaron a concelleira de Cultura, Chelo Martínez, o presidente da Banda de Música, Efrén Rama Martínez, o director da agrupación, Martín Moares, e o presidente da Sociedade Liceo de Noia, Óscar Prego Boente.

Efrén Rama destacou a “gran calidade musical” do Dúo Simant e adiantou que o concerto contará cun programa “variado e con máis dunha sorpresa”. Pola súa banda, Martín Moares subliñou a ilusión coa que a Banda afronta esta oportunidade: “Non deixamos pasar unha ocasión de ensaio e estamos convencidos de que será un concerto fantástico. Agardamos tamén que contribúa a achegar máis xente á Banda e á Escola de Música que botaremos a andar no próximo mes en colaboración co Concello”.

O presidente do Liceo, Óscar Prego, puxo en valor a continuidade deste tipo de colaboracións culturais e a presenza de Rubén Simeó por segundo ano consecutivo: “Con boa disposición e colaboración podemos seguir mantendo en Noia unha cultura viva”.

Finalmente, a concelleira de Cultura, Chelo Martínez, destacou o papel fundamental destas dúas entidades no tecido cultural noiés: “A Banda de Música leva máis de cen anos dando vida á vila e o Liceo traballando pola cultura local desde hai case un século. O Concello só pode estar agradecido e ofrecer a súa total colaboración”.

Outros artigos

A ría de Noia acolle este sábado a XXIV Travesía Solidaria a Nado

Este sábado 15 de agosto, a ría de Noia volverá acoller unha das citas con máis tradición do calendario deportivo da comarca: a XXIV Travesía Solidaria a Nado de ADECO-DEA. Trátase dunha xornada para gozar do deporte e "sobre todo para seguir facendo da inclusión e do...

+

Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de...

+

En Noia, comezan as obras de reposición da Ponte de San Lázaro

O Concello de Noia confirmou que esta semana comezaron as obras de reposición da ponte peonil de San Lázaro, unha actuación "necesaria para recuperar un elemento que levaba anos cunha parte da madeira en mal estado", engadiron fontes do Consistorio. Os traballos están...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.