O Consorcio financia melloras no patio da escola infantil de Rois para reforzar a seguridade do alumnado

01 Setembro 2025

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe a escola infantil de Rois para comprobar o resultado das obras de mellora realizadas na súa zona exterior. Na visita tamén participou o alcalde do municipio, Ramón Tojo.

O ente autonómico destinou preto de 16.000 euros á substitución do caucho existente no patio por pavimento continuo, unha actuación que incrementa a seguridade das crianzas ante posibles caídas. Os traballos foron contratados e executados polo propio Concello de Rois, mentres que o Consorcio asumiu o financiamento con cargo ás liquidacións pola prestación do servizo.

Esta intervención enmárcase no conxunto de actuacións de mellora que o Consorcio realiza durante o verán nas súas escolas infantís, co obxectivo de acondicionalas para o regreso ás aulas, previsto para este venres, 5 de setembro.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.