O Concello de Rois organiza dúas excursións para participar no San Froilán de Lugo e na Feira das San Lucas de Mondoñedo

04 Setembro 2025

O Concello de Rois vén de anunciar a organización de dúas viaxes destinadas a facilitar a veciñanza a participación en dúas das celebracións máis destacadas e de maior tradición en Galicia: o San Froilán de Lugo e a Feira das San Lucas de Mondoñedo.

A primeira das saídas será o sábado 4 de outubro, con destino á cidade de Lugo para gozar das festas do San Froilán, declaradas de interese turístico. A segunda está prevista para o venres 17 de outubro, coincidindo co día das vésperas da Feira das San Lucas de Mondoñedo, unha das máis antigas de Galicia, cuxa orixe remóntase a 1156.

O prezo de cada excursión é de 5 euros por persoa, aínda que as prazas serán de balde para menores de cinco anos. A cota inclúe o desprazamento en autobús e o seguro de viaxe. Terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.

O período de inscrición permanecerá aberto entre o 8 e o 26 de setembro. As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 981 816 061 ou enviar un correo electrónico a inscricions@rois.gal indicando nome e apelidos, DNI, idade, teléfono e domicilio. O pagamento efectuarase unha vez confirmada a praza e, no caso de non acadar o número mínimo de inscricións, a actividade poderá ser cancelada.

Estas dúas propostas culturais e de lecer, incluídas no programa Viaxa con Rois, están organizadas polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña. A iniciativa ofrece á veciñanza a posibilidade de coñecer de primeira man dúas festas de referencia en Galicia, cunha longa tradición e un importante atractivo turístico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.