O Concello de Rianxo anuncia a volta da Virxe da Guadalupe de Asorey á praia de Tanxil

26 Setembro 2025

O alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, comunicou que o Concello vén de asinar un acordo para que un dos símbolos máis queridos pola veciñanza, a escultura da Virxe de Guadalupe do escultor galego Francisco Asorey, volva á súa localización orixinal na praia de Tanxil.

“Así as cousas, despois de que levemos a cabo unha serie de traballos previos, a icónica escultura volverá a presidir a praia de Tanxil xusto cando se cumpren 20 anos do momento no que foi retirada do cantil”, sinalou o rexedor nas redes, onde aproveitou para agradecer á familia Baltar “a vontade de acadar este acordo, algo no que levamos tempo traballando e que por fin é unha realidade”.

Respecto da escultura en si, na web Obaixoulla.gal sinálase que é unha figura de granito duns cinco metros de altura, obra do escultor Francisco Asorey, colocada nun espigón sobre o dique de Baltar na praia de Tanxil en 1932.

En 2005, os herdeiros Baltar decidiron retirar a imaxe de Asorey ante o risco que corría polos continuos derrubes que se rexistraban na contorna. Logo da retirada da virxe de Asorey, as veciñas e veciños de Rianxo financiaron a colocación doutra imaxe, obra de Bert Gerresheim, nun muro na praia de Quenxo.

A imaxe de Asorey é unha representación da virxe sostendo ao neno cos brazos en cruz, fronte ao mar. Está decorada con pezas da Cerámica Celta de Cesures incrustadas no manto da virxe. Foi quen encargou a imaxe da Virxe da Guadalupe e quixo que “a dulce imaxe da virxen patrona da vila se alzase como orientación consoladora para a xente do mar” (fonte: Obaixoulla.gal).

Imaxe: Manuel Chamoso Lamas (1962)

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...