O Concello de Noia reabre a Oficina Municipal de Información ao Consumidor tras cinco anos pechada

17 Setembro 2025

O Goberno local de Noia anunciou a reapertura da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), un servizo que permanecera inactivo durante os últimos cinco anos e que volverá a estar dispoñible grazas á reorganización impulsada polo novo executivo municipal.

A partir desta semana, a cidadanía poderá recibir atención personalizada para consultas, reclamacións e denuncias ante o Instituto Galego de Consumo.

Ubicación: 1º andar da Casa do Concello
Horario de atención ao público: luns e venres, de 9:00 a 13:00 horas

O alcalde Fran Pérez salientou que a reapertura supón “recuperar un servizo fundamental que Noia levaba demasiado tempo sen ter, e que permite ofrecer á veciñanza unha canle directa de defensa dos seus dereitos como persoas consumidoras”.

Con esta medida, o Goberno local reforza o seu compromiso cunha administración máis próxima, accesible e centrada nas necesidades da cidadanía.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.