O Concello de Muros achega axudas de até 1.500 euros para entidades culturais locais

01 Setembro 2025

O Concello de Muros compartiu os detalles do programa de subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025. As axudas teñen o prazo aberto até o 21 de setembro, segundo confirmaron dende o Consistorio, que engadiron que as bases e os modelos normalizados están dispoñíbeis na sede electrónica municipal.

As subvencións van dirixidas a apoiar programas e actividades culturais no concello, de promoción e cooperación, de difusión e animación e de espallamento da cultura galega. As beneficiarias serán entidades inscritas no Rexistro de Asociacións de Galicia con sede en Muros e que desenvolvan as súas actividades no municipio. Achegaranse até 1.500 euros por proxecto. O total dispoñíbel é de 11.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.