O Concello de Lousame convoca os seus gratuítos Obradoiros da Memoria, dirixidos a persoas maiores de 60 anos

12 Setembro 2025

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lousame convoca a edición número 22 dos Obradoiros da Memoria, unha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos a través de actividades que buscan manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. A iniciativa está organizada polo Concello en colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, apuntou que os Obradoiros da Memoria buscan “mellorar a calidade de vida dos nosos maiores a través de actividades que exercitan a súa memoria para así previr ou retardar a aparición do deterioro cognitivo; e ademais tamén promovemos a socialización destas persoas, que teñen así un día e un lugar no que xuntarse todas as semanas coas amizades e coñecer novas persoas coas que lembrar o que xa saben e seguir aprendendo cousas novas”.

Inscricións abertas todo o ano

Os obradoiros abrirán as súas portas a próxima semana e as clases impartiranse todos os martes nos locais sociais do Sanguiñal (dúas sesións de 09:30 horas e 10:30 horas) e Aldeagrande (12:00 horas), os mércores no local social de Cruído (10:00 horas) e os xoves nos locais sociais de Vilacoba (10:00 horas) e da Escabia (11:30 horas). As sesións terán lugar ao longo dunha hora e para formar grupo será necesario un mínimo de 5 persoas participantes.

“Dende o Concello animamos a todas as persoas maiores de Lousame a que veñan participar nesta actividade pois notarán que mellora moito a súa calidade de vida”, apuntou Silvia Agrafojo, engadindo que “de haber novas incorporacións, o Concello está disposto tanto a incrementar o número de sesións como a levar os obradoiros a outras parroquias”.

Os Talleres de Memoria están abertos a todos os veciños e veciñas de Lousame maiores de 60 anos. A inscrición é totalmente de balde e pode facerse en calquera momento do ano nos Servizos Sociais de Lousame, chamando ao 981 820 494 ou por WhatsApp no 689 126 385.

As clases inclúen actividades para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, as funcións executivas, o cálculo ou a linguaxe. Unhas áreas que se traballan mediante dinámicas e exercicios adaptados tanto ao nivel do grupo como ao de cada persoa participante. O ano pasado contaron coa participación de máis de medio cento de persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.