O Concello de Boiro celebra en setembro unha nova edición do Mes da Danza

02 Setembro 2025

O Concello de Boiro celebra durante este mes de setembro unha nova edición do Mes da Danza. Farao con actuacións de grupos locais e compañías profesionais. A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentou o programa xunto con membros das distintas compañías e agrupacións participantes.

O programa de actividades comeza esta fin de semana coa actuación o venres 5 de setembro ás 20.30 horas coa actuación da escola de ballet Cen Pliés no Pazo de Goiáns. Inclúese no programa do mes da danza o Encontro Tradicional de San Roque que organiza Abeloura e que terá lugar en San Roque (Cespón) o sábado 6 a partir das 17.00 horas e o domingo día 7 ás 19.00 horas na praza de Galicia, actuación do Ballet Folclórico Galego.

O domingo 14 de setembro ás 19.00 horas celebrarase a actuación de Xilbarbeira e Abeloura en Goiáns. “Este mes da danza xurdiu precisamente dunha proposta dos grupos locais e a día de hoxe temos un gran evento que engloba aos nosos grupos xunto con outras agrupacións convidadas para poñer en valor a danza en todos os seus rexistros”, afirmou María Outeiral.

O venres 19 ás 20.30 horas tamén no Pazo de Goiáns terá lugar a actuación de Aroña xunto co Grup Folkcloric Tramuntana, de Menorca; o sábado 20 á mesma hora será Fran Sieira con Ceibe e o domingo 21 ás 19.00 horas actuación do grupo de ballet de Aroña.

O mes da danza 2025 do Concello de Boiro remata o sábado 27 de setembro co serán das Angustias. As actuacións do mes da danza contarán cunha entrada solidaria de 3 euros que serán doados a distintas entidades e asociacións do ámbito social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.