O Concello da Pobra licita a renovación dunha nova vía no interior do polígono da Tomada

15 Setembro 2025

O Concello da Pobra anunciou que vai acondicionar parte da estrada interior que discorre polo Polígono da Tomada. Con este proxecto, que acaba de sacarse a licitación cun valor de 138.237,4 euros, porase a punto un treito desta vía que presenta pavimento e beirarrúas en mal estado. A concelleira de Obras, Patricia Lojo, apunta que o obxectivo é “seguir mantendo unha aposta decidida por reforzar as condicións de seguridade mellorando, neste caso, o estado do noso parque industrial, un motor económico para o municipio”.

As actuacións municipais arrancarán cun fresado das zonas asfaltadas na actualidade para a posterior execución da nova pavimentación. Así mesmo, o Concello reporá as beirarrúas e beiravías deterioradas e procederá ao repintado da sinalización na zona de actuación.

En paralelo a este proxecto, que se atopa en licitación por vía urxente, o Concello executará en datas vindeiras a renovación da estrada que une a rotonda de entrada ao parque industrial e a situada na avenida da Tomada. O contrato foi xa adxudicado e, unha vez asinada a acta de comprobación do trazado de planta, contará cun prazo de execución dun mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.