O alumnado do Programa Integrado de Emprego do curso 2024/2025 remata a formación total do curso. Este programa, que se levou a cabo de forma conxunta entre os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra para formar cen persoas desempregadas da comarca, contou con 566 horas formativas.
Gracias a esta iniciativa 100 persoas sen ocupación laboral da comarca participaron en actividades formativas dirixidas a postos de traballo e sectores demandados polas empresas do Barbanza para mellorar a súa empregabilidade.
A formación desta convocatoria estivo centrada nos sectores da industria e distribución alimentaria, almacéns, hostalería e hostalería, administración e idiomas.

Ademais realizáronse talleres de mellora de habilidades para afrontar a procura de traballo, entrevistas de selección, dinámicas de grupo e deseño de currículos, xornadas de mobilidade laboral e obradoiros de emprego e autoemprego.
O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra está financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.



