O alcalde de Ribeira cesa tres edís do PBBI que apoiaron a moción de censura co PP

30 Setembro 2025

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral (BNG), anunciou esta mañá o cesamento de tres dos catro concelleiros do PBBI que asinaron a moción de censura xunto co PP. Trátase de Vicente Mariño de Bricio, Herminia Pouso e Fernando Abraldes, cuxas competencias serán asumidas polo propio rexedor ata a celebración do pleno previsto para o 13 de outubro.

A cuarta edil independente, Tania Redondo, manterase no goberno local. Pérez Barral xustificou a súa decisión en que Redondo “acabou asinando mediante moitas presións, coaccionada polos cabecillas da moción”, polo que non a considera responsable da ruptura do tripartito.

O rexedor nacionalista compareceu no salón de actos da lonxa de Ribeira, arroupado polos membros do seu grupo municipal e por cargos do BNG na comarca. Alí denunciou que o acordo entre populares e independentes responde a unha “operación oscurantista que non amosa os motivos reais da moción de censura” e instou aos promotores a dar explicacións á veciñanza.

Pérez Barral lembrou que en 2023 os mesmos edís do PBBI denunciaron presións e mesmo supostos intentos de suborno por parte de militantes do PP para impedir o seu pacto co BNG. “Deberán explicar se agora esas presións deron resultado”, advertiu.

O alcalde atribuíu a operación a unha estratexia “orquestrada polo PP en connivencia coa Xunta” e vinculouna co que considera un “boicot histórico” a Ribeira desde Santiago. Citou como exemplos os conflitos co ente Portos polas festas de verán, a falta de financiamento do novo polígono industrial, o bloqueo da residencia de maiores e os recortes en educación e sanidade. “Por non sucumbir a eses recortes, hoxe fáiseme esta moción de censura”, afirmou.

Aínda que o BNG dá por feito que a moción prosperará —cos 10 votos do PP e tres do PBBI, fronte aos 11 necesarios—, Pérez Barral proclamou que nin el nin o Bloque se van render. Reivindicou a súa xestión, salientando investimentos de máis de 5,5 millóns de euros nas parroquias, e asegurou que o seu goberno pode saír “coa cabeza ben alta”.

O tripartito en funcións estaba integrado por cinco edís do BNG, cinco do PBBI e un do PSOE. Se a moción sae adiante, a popular María Sampedro converterase na nova alcaldesa, ao fronte dun executivo do PP no que tamén se integrarán tres concelleiros independentes. O futuro de Tania Redondo permanece aberto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.