Novo plan de transporte no Barbanza: máis conexións e autobuses

29 Setembro 2025

A Xunta somete a información pública o novo plan de transporte do Barbanza, con máis liñas, vehículos e investimento

O Consello da Xunta vén de tomar razón do sometemento a información pública do proxecto de explotación do servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada da comarca do Barbanza. O plan supón un redeseño dos servizos para adaptalos ás necesidades reais de mobilidade da cidadanía, mellorando as conexións internas da bisbarra e coas principais cidades, especialmente Santiago de Compostela.

Entre as novidades destacan dúas liñas directas entre Ribeira e Santiago por autoestrada e unha nova liña comarcal entre Aguiño e Rianxo, que vertebra o sur da comarca. Tamén se incorporarán máis vehículos con maior capacidade e incrementarase o investimento público.

O proxecto prevé un investimento anual de 3 millóns de euros, cun orzamento total superior aos 15 millóns para cinco anos de concesión. A flota contará con 48 autobuses, cinco máis ca na actualidade, dos cales 28 terán máis de 55 prazas (21 máis ca na concesión vixente). A produción prevista supera os 3 millóns de vehículos-quilómetros anuais, tendo en conta tamén tramos en baleiro e axustes á demanda.

A liña directa Ribeira-Santiago ofrecerá 30 servizos diarios en días laborables, con frecuencias horarias, e 18 servizos en fins de semana e festivos, con frecuencias de ata dúas horas, entre as 06.00 e as 22.15 horas. Seis destas expedicións terán paradas na Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e nos hospitais composteláns, en horarios adaptados ás quendas do persoal sanitario.

A liña comarcal Aguiño-Rianxo prestará 60 servizos ao día de luns a venres e 36 en fins de semana e festivos, cunha frecuencia de ata unha hora entre semana e de ata dúas horas nos días non laborables, entre as 05.35 e as 23.00 horas, garantindo os enlaces cos servizos directos á capital galega.

O plan tamén mellora as conexións co Hospital do Barbanza, amplía itinerarios ata Rianxo e adapta horarios para persoal sanitario, pacientes e visitas. Refórzanse as liñas escolares do IES nº 1 e do IES Leliadoura, en Ribeira, e créanse novas liñas en Dodro, Padrón e Rois: unha entre Bexo e Santiago, con dez servizos diarios e paradas nos hospitais, outra que conectará Padrón e Dodro con Rianxo, e un servizo específico para alumnado de Dodro que estuda en Padrón.

No eixo Ribeira-Noia-Santiago introdúcense axustes para mellorar a coordinación cos horarios dos institutos e reducir tempos de espera, atendendo ás peticións de concellos e usuarios. A conexión entre as comarcas do Barbanza e Noia tamén se optimiza con frecuencias e horarios adaptados ás necesidades actuais.

Segundo a Xunta, esta proposta permitirá conectar con máis facilidade e comodidade o Barbanza con Santiago, mellorar a accesibilidade aos servizos esenciais como sanidade, educación e emprego, e reforzar o transporte público interurbano en toda a bisbarra.

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.