“Nemesio García Carril: musicólogo e amigo”. José Fernández Lago

14 Setembro 2025

Era un dos nosos. Dígoo, primeiro de nada, porque naceu en Galicia, en Sobrado dos Monxes. Afírmoo tamén porque, cando era aínda moi neno, estudiou en Santiago, no Seminario Menor.  Alí daría os primeiros pasos na Música, baixo a batuta de algúns Formadores cregos e, sobre todo, de D. José Pérez Rajoán, profesor de música e Director da “Schola Cantorum”.

Cando eu, que non estudiara nada de Música, entrei no Seminario Maior, fíxeno ingresando no seu curso, cando el se dispoñía a comezar 2º de Filosofía (o 7º ano de estudios). Alí, en San Martiño Pinario, proseguiu os estudios musicais, ao tempo que formaba parte da “Schola Cantorum” e que cursaba ademais as disciplinas filosóficas do ano académico.

Cando rematamos os cursos teolóxicos, o ano 1967, recibimos a Ordenación Sacerdotal de mans do Cardeal Quiroga Palacios. De cara ao curso 1967-68 e sucesivos, o Reitor do Seminario Maior -D. Manuel Capón Fernández- asignoulle unha beca para estudiar música en Roma, na Academia de Santa Cecilia e tamén no Pontificio Instituto de Música Sacra, desenvolvendo neses dous Centros diversas especialidades musicais das que neles se imparten. Residía no antigo Colexio Español Altemps, que, o mesmo que o de Torre Rossa, no que eu residía, servía para acoller aos cregos que desexabamos facer estudios na Cidade Eterna.

Ao cabo de tres ou catro anos volveu á Diocese Compostelán, e recibiu o encargo de Mestre de Capela da Catedral, desenvolvendo ao mesmo tempo o cometido de Director da Escolanía “Anxos de Compostela”. Alá pola metade dos anos 70 encomendóuselle ademais o encargo de profesor de música e Director Espiritual do Instituto Rosalía de Castro, e mesmo impartiu ademais leccións nos Conservatorios de Ponteareas e de Santiago. Por aqueles anos, ademais de vernos nos cometidos sacerdotais que tiñamos que desenvolver, e nos encontros de condiscípulos na residencia das Monxas Filipenses, de Vilagarcía, coincidimos nun avión que se dirixía a Madrid, onde, como el me dixera, ía poñerlle a música á serie televisiva dos “Gozos e as Sombras”, que tanta acollida chegou a ter na nosa terra.

Algo mais adiante, no ano 1986, cambiou o servicio sacerdotal e o seu cargo na Catedral de Santiago, para prepararse ao matrimonio e casarse. Como froito do seu matrimonio, ía nacerlle un fillo. Naquel entón trasladouse a Lisboa, para exercer o cargo de profesor de Música no Instituto Español, ata o ano 1991. Despois, de volta a España, chegou a ser catedrático de Música no Instituto Padre Suárez, ao tempo que colaboraba na Universidade Civil, ambos na cidade de Granada. Os últimos anos da súa vida, cunha saúde precaria, foinos pasando en Granada e mais en Málaga, por compartir algún tempo co seu fillo.

Hai mais de un mes que tivemos noticia do seu falecemento. O Señor, no que sempre creu, e para quen compuxo e cantou abondas melodías ao longo da súa vida, habíao de acoller consigo e facerlle escoitar por toda unha eternidade os cantos dos anxos, que conviven con Deus e cos santos nesa eternidade feliz.

Aquí, nesta terra, non só nos beneficiamos desas cantigas que entoamos na Catedral, no Mosteiro de San Paio e en tantos outros lugares, se non que tamén se lle fixeron recoñecementos á súa obra musical.

Ademais dos que lle dedicaron diversas Institucións á súa obra, mesmo o pasado xoves, día 11, se organizou no paraninfo da Universidade un acto na súa honra, no que participaron, entre moitos outros, a Alcaldesa da cidade, o fillo de Nemesio, algúns outros musicólogos e mesmo o Deán da Catedral. Alí teriamos estado outras persoas amigas, se non fora porque a nosa condición terrea non nos permite estar en dous sitios á vez…

Precisamente pensando en amigos que non puideron asistir e sobre todo nos que teñen en conta que o mais importante da nosa vida é acadar ao fin de ela as ledicias eternas, queremos manifestar a quen lle poida interesar asistir, que a Misa de 12 deste sábado 13 de setembro na Catedral, aplicarase para lle pedir ao Señor o seu acougo eterno.

Outros artigos

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

Supoño que, como lle ocorre a moita xente, cando abro o meu álbum familiar máis vello, as fotos en branco e negro teñen de paisaxe tanto o campo como a cidade. Ambos aparecen coa normalidade do mesmo paso do tempo. Nas imaxes, o escenario de fondo faise difícil de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.