Muros consolida e amplía o Servizo Municipal de Madrugadores neste curso escolar

03 Setembro 2025

O Concello de Muros reforza neste inicio de curso 2025/26 o Servizo Municipal de Madrugadores nos centros educativos da localidade, un programa gratuíto financiado integramente polo consistorio co obxectivo de facilitar a conciliación das familias.

Neste arranque escolar están inscritos 62 nenos e nenas pertencentes a 45 familias: 17 no CEIP Plurilingüe de Louro (11 familias), 33 no CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (24 familias) e 12 no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (10 familias).

“É unha satisfacción ver que esta medida para impulsar a conciliación se consolida”, afirmou a alcaldesa, María Lago, quen subliñou que este recurso municipal contribúe tamén a fixar poboación en Muros.

Pola súa banda, a concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira, destacou que despois da primeira experiencia dun curso completo con xestión municipal, nas últimas semanas o Concello consensuou cos centros e as familias usuarias os novos detalles do servizo, para mellorar a súa eficacia e garantir que “ninguén quede fóra”.

Tamén a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez, puxo en valor a iniciativa: “A conciliación é moi necesaria para dar pasos cara á igualdade, por iso é tan importante este servizo gratuíto de Madrugadores”.

O Concello celebrará esta semana reunións coas familias usuarias para abordar o funcionamento do servizo. Terán lugar mañá, xoves 4 de setembro, ás 18.00 horas no CEIP de Louro e ás 19.30 horas no CEIP Ramón de Artaza; e o venres 5, ás 18.00 horas, no CEIP Ricardo Tobío.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.