“Mocidade abandonada” – José Luis Calo

29 Setembro 2025

Cada vez que revisamos os datos de emprego xuvenil, non podemos evitar sentir unha profunda preocupación polo futuro do noso país. As cifras son claras: segundo Nacións Unidas, o desemprego entre os mozos non deixa de crecer a nivel mundial, e España segue estando á cabeza de Europa cunha das taxas máis altas. En 2024, máis do 25% dos menores de 25 anos non tiñan traballo. Este dato non é só unha estatística, é o reflexo dunha realidade que viven miles de mozos tamén aquí, en Galicia.

Pero non se trata unicamente de desemprego. Falamos tamén de precariedade laboral, de soldos que non permiten vivir con dignidade, de contratos temporais, de falta de expectativas. A isto súmase un modelo educativo que non sempre motiva nin responde as necesidades reais dos mozos, e que ademais non garante a gratuidade total dos estudos ata a universidade. Como pretendemos que a xente nova constrúa un futuro se lles pedimos que o fagan sen recursos nin apoio?

As administracións públicas teñen a obriga de implicarse activamente neste problema, e iso empeza por reformular o sistema educativo actual.

Necesitamos un ensino que inspire, que conecte coa realidade laboral e social, que forme en competencias útiles, e que dea razóns para non abandonar os estudos. Pero ademais, debemos loitar de forma decidida por unha educación totalmente gratuíta, tamén na universidade, para garantir a igualdade de oportunidades.

Onda iso, é fundamental aplicar políticas de emprego sostibles, como recomenda a ONU: empregos verdes e azuis, é dicir, ligados á terra e ao mar, compatibles co desenvolvemento sostible e co enorme potencial natural de Galicia. Non se trata só de crear emprego, senón de crear emprego con sentido, con futuro e con dignidade.

Tampouco podemos deixar de lado un aspecto clave: o lecer xuvenil. Que mensaxe enviamos aos nosos mozos se as únicas propostas que se lles ofrecen son festas onde se normaliza o consumo de alcol, ás veces mesmo promovidas por representantes públicos? Esta permisividade, nalgúns casos rozando o delituoso, non é o camiño. É urxente apostar por alternativas de lecer saudable, accesible, diverso e seguro, onde a cultura, o deporte e a participación social sexan os piares fundamentais.

Os problemas que afectan á nosa mocidade non son só seus: son de toda a sociedade. Porque cando unha xeración queda atrás, perdemos todos. Non podemos permitirnos o luxo de mirar cara a outro lado mentres miles de mozos galegos viven con incerteza, frustración e sen perspectivas. O éxito non está nas estatísticas macroeconómicas, nin nos discursos políticos baleiros. O verdadeiro éxito son eles e elas: os nosos mozos. Démoslles as ferramentas, a confianza e as oportunidades que merecen. Porque o futuro de Galicia depende, sen dúbida, do seu presente.

José Luis Calo é coordinador da agrupación UCIN Galicia.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.