Miguel Lago chega en febreiro ao Auditorio Municipal de Ribeira co seu espectáculo “Lago Comedy Club: Más libre que nunca”

24 Setembro 2025

O humorista e presentador Miguel Lago recalará en Ribeira no mes de febreiro, co espectáculo Más libre que nunca, unha proposta unipersoal con novos textos e novas rutinas combinadas. As entradas estarán á venda a través de Ataquilla.com e de xeito presencial na Oficina de Atención ao Cidadá do Concello de Ribeira a partir do 30 de setembro ás 9:00 h.

Miguel Lago presenta a última actualización do seu espectáculo Lago Comedy Club en Ribeira o 27 de febreiro ás 20:30 h no Auditorio Municipal. O espectáculo, producido por Etiqueta Negra, conta coa colaboración da Concellería de Cultura.

Baixo o subtítulo Más libre que nunca, Miguel Lago aposta por unha fórmula sinxela, todo co seu estilo inconfundíbel e unha mestura de humor agudo, intelixente e provocador, xunto coa enerxía e a química dun público que fai de cada actuación un evento único no que Miguel busca defender o monólogo cómico máis puro e sen complexos.

Sobre Miguel Lago

Miguel Lago é un humorista, actor e presentador español con máis de 25 anos de experiencia, coñecido polo seu estilo agudo, sarcástico e irreverente. Desde o seu ascenso á fama en El Club de la Comedia, conquistou teatros e pantallas coa súa inconfundíbel voz cómica, demostrando que o riso é a súa mellor arma. Colaborador habitual de televisión e autor de programas de éxito, Miguel continúa reinventándose para ofrecer un humor intelixente, directo e sen concesións.

Información do evento

Artista: Miguel Lago

Espectáculo: Lago Comedy Club: Más libre que nunca

Data: 27 de febreiro de 2026

Hora: 20:30

Lugar: Ribeira

Espazo: Auditorio Municipal

Entradas: Ataquilla.com e Oficina de Atención Cidadá do Concello de

Ribeira. Á venda desde o 30 de setembro ata as 9:00.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.