Mércores 3, unha fronte fría deixará chuvias febles na comarca e ascenso das temperaturas

02 Setembro 2025

Galicia continuará este mércores 3 de setembro, San Gregorio Magno, baixo a influencia dun centro de baixas presións situado ao norte de Irlanda, acompañado do paso dunha fronte fría que cruzará a comunidade.

Segundo a previsión os ceos estarán moi nubrados na comarca, con precipitacións febles no litoral, mentres que no interior se abrirán amplos claros, aínda que poderían rexistrarse algúns chuvascos durante a tarde-noite.

As temperaturas experimentarán un ascenso xeralizado, favorecendo un ambiente máis suave a medida que avance a xornada.

En canto ao vento, soprarán do sur, de intensidade moderada, con intervalos fortes no litoral da Coruña, onde se recomenda precaución.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do oeste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá, boa á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 3 a 3.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.