Mércores 1, arrinca outubro cun tempo estable e ceos despexados

30 Setembro 2025

Outubro comeza marcado pola influencia anticiclónica, o que garantirá unha xornada de estabilidade atmosférica. Os ceos estarán maioritariamente despexados, con presenza de nubes altas que non impedirán o paso do sol.

As temperaturas mínimas non rexistrarán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso respecto ás xornadas anteriores ( 27 graos máximas).

En canto ao vento, agárdase que sople frouxo de compoñente leste, con carácter moderado no litoral norte e en réxime de brisas nas Rías Baixas.

Un inicio de mes, polo tanto, cun tempo agradable e maioritariamente soleado en toda a comunidade.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.