Manuel Rei presenta o seu libro sobre Castelao na Libraría Social ULA de Outes, este venres ás 19.30 horas

15 Setembro 2025

A Libraría Social ULA de Outes vai acoller este venres 19 de setembro, ás 19.30 horas, a presentación do libro Castelao, desta terra e deste tempo, do escritor e crítico literario Manuel Rei Romeu. Será no 11 da rúa da Capela, ás 19.30 horas do venres.

O libro, publicado por Tempo Galiza Editora, ofrece unha imaxe integral e sen deturpacións dun referente imprescindíbel para a Galiza de hoxe. Ao longo desta monografía o autor fai un percorrido lineal pola obra artística e polas chaves ideolóxicas do pensamento de Castelao, esclarecendo que non está o artista confrontado ou illado do político nin o político á marxe do artista, como ben el mesmo se encargou de advertir en innúmeras ocasións. Hai sintonía de intereses e obxectivos entre ambas as facetas.

Nun momento en que o poder se esforza por estender a imaxe dun Castelao light, rebaixado nos seus presupostos ideolóxicos fundamentais, reducíndoo a “artista xenial” ou a unha especie de santo galeguista, é preciso coñecer e divulgar o Castelao auténtico, artista, caricaturista, pintor, escritor, pensador e dirixente político nacionalista, o home que colocou a súa vida e a súa obra ao servizo do pobo galego. Porque a súa obra e o seu pensamento continúan tendo plena vixencia e utilidade para construír a Galiza que el soñou, libre e dona do seu destino.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.