Kiko Veneno será a estrela nas Festas de Santa Uxía

02 Setembro 2025

Este 2 de setembro presentouse a axenda de actividades das Festas de Santa Uxía 2025 nun acto cos medios no que estiveron presentes o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, o párroco de Ribeira, Alfonso Mera xunto aos membros da Unidade Pastoral de Ribeira, Ndongo Sylvestre e Sidonio José Alves da Sousa.

O concelleiro de Festexos debullou polo miúdo a programación da que comezou presentando a estrea dun novo produto turístico ou actividade que leva por nome Camiño de Valverde (LARP) e que está previsto que se celebre o día 12 ás 11:00 horas, no Parque Natural das Dunas de Corrubedo, de 11 a 14 horas. O LARP, ou xogo de rol en vivo, é unha actividade lúdica onde os participantes interpretan aos seus personaxes de forma física e escenificada, interactuando nunha contorna real ou simulada para crear unha narración colaborativa, Suárez-Puerta especificou que empregando a lenda da cidade oculta de Valverde, “cuns 30 participantes, farase unha recreación medieval na que os participantes poderán interactuar nun xogo que terá moita aventura e fará que a xuventude de Ribeira poda ter unha mañá diferente”. O concelleiro anunciou que aínda quedan prazas libres para gozar da actividade con reserva previa na Oficina de Turismo.

O mesmo venres día 12 ás 23:00 horas contarase coa Corazón Oxidado: Tributo a Fito y Fitipaldis na praza do Concello.

Xa na xornada do sábado día 13 será a quenda da V Ruada do Traxe Aires de Dorna que sairá da carpa municipal para facer o percorrido polas rúas de Ribeira e rematar no auditorio municipal co Desfile do Traxe. O concelleiro significou que esta actividade xa se está a consolidar dentro dos actos de celebración de Santa Uxía e animou á veciñanza a participar na propia ruada, “xa que aínda que non se teña o traxe, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa asociación Amas de Casa para que llo proporcionen”.

Na mesma xornada do sábado terá lugar na praza do Concello o concerto de Kiko Veneno ás 11:00 horas. Trátase, en palabras do edil, “dun artista moi destacado e recoñecido, autor de cancións como Volando voy que fixo famosa Camarón de la Isla así como a colaboración en diferentes proxectos musicais con millóns de reproducións nas plataformas de streaming”. Suárez-Puerta rematou apelando á potenciación do día da patroa: “É unha festividade que temos que manter, enxalzar e levala cada vez a máis”.

Pola súa banda, Alfonso Mera afirmou “precisamos darlle á festa ese valor integrador e simbólico que é o que significa”. Tamén explicou que esta cita esta marcada en vermello no calendario para a Unidade Pastoral, “non só é a patroa da nosa parroquia senón que tamén é o corazón espiritual que vertebra a tódalas outras parroquias por iso a súa festividade determina un momento de encontro, de estar xuntos, de compartir a fe e tamén da connotación tradicional que evoca”.

A misa solemne na honra de Santa Uxía será o propio venres 12 ás 12:00 horas na igrexa parroquial de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.