Juan José Calo Miranda participou na xornada de restauración de fondos mariños de Amicos

03 Setembro 2025

O concelleiro de Medio Ambiente de Porto do Son, Juan José Calo Miranda, participou o pasado mércores, 27 de agosto, na xornada de restauración de fondos mariños, organizada pola asociación inclusiva da nosa comarca, Amicos.

A través desta iniciativa, pioneira en conservación mariña, visitaron o Laboratorio de Cultivo de Microalgas de Amicos, onde o persoal explicou polo miúdo como sementan os gametófitos destas algas pardas, que logo son reinseridas nos arredores de Sálvora.

Unha vez reinseridas, convértense en bosques de kelp, vitais como hábitat de biodiversidade mariña, protectoras dos fondos mariños e para combater o cambio climático.

Na xornada tamén participaron a deputada responsábel de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, o concelleiro de Política Social de Boiro, Raúl Treus e o concelleiro do Mar de Ribeira, Fernando Abraldes.

O obxectivo da saída foi coñecer de primeira man as accións medioambientais de restauración de fondos mariños levados a cabo pola entidade no marco de distintos proxectos de protección e conservación da natureza, neste caso encadrados no hub Blue Mission de océanos e ríos.

A cita comezou no Centro de Atención Integral de Amicos, onde as activistas medioambientais do dual Natura II lles ensinaron ao grupo o Laboratorio de cultivo de macroalgas. Alí cultivan as laminarias, algas pardas que chegan ao centro como gametófitos e que posteriormente son devoltas ao mar cando cumpren as condicións óptimas para a súa devolución ao mar.

Se ben as gorgonias que quedan atrapadas nas redes dos pescadores e que son entregadas ao equipo de Amicos son rehabilitadas no Hospital de Corais de Ribeira, os representantes institucionais tamén coñeceron en que consiste o proceso de recuperación destes corais, vitais para a biodiversidade mariña.

Trala explicación, o grupo dirixiuse a Aguiño, onde embarcaron para soltar un total de 110 laminarias e 4 gorgonias, da man da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño, colaboradores da entidade neste tipo de accións medioambientais.

Outros artigos

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.