Juan Carlos Codesido releva a Lino Sexo á fronte de Gardacostas de Galicia

29 Setembro 2025

A Consellería do Mar oficializou o relevo na subdirección xeral de Gardacostas de Galicia debido á recente xubilación de Lino Sexto, que viña desempeñando este cargo desde o 2009. Así, lle sucede Juan Carlos Codesido, funcionario da escala técnica superior deste departamento autonómico e que ata agora desempeñaba o posto de xefe do servizo de Protección de Recursos.

O novo responsábel de Gardacostas de Galicia é licenciado en Bioloxía Mariña pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutor en Mariña Civil, especializado en seguridade marítima, pola Universidade da Coruña e a Universidade de Salamanca.

No seu amplo currículo conta cun mestrado (master) en Executive-MBA así como un curso de Alta Dirección pola Escola de Negocios Caixa de Vigo e tamén é especialista universitario en Economía Pesqueira pola USC. A isto suma unha década vinculado ao departamento de investigación mariña da USC e outras actividades laborais relacionadas coa pesca extractiva e a comercialización de produtos pesqueiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.