Importantes cambios puntuais no tráfico con motivo da XXVI Carreira Popular Santa Uxía, este sábado 27

22 Setembro 2025

O vindeiro sábado 27 de setembro celébrase no Concello de Ribeira a XXVI Carreira Popular Santa Uxía – II Memorial Miguel Ruiz. Ante este importante evento deportivo a Policía Local de Ribeira está a preparar un dispositivo organizativo de seguridade destinado a garantir o bo desenvolvemento da cita, achegando unha serie de cambios de mobilidade que cómpre ter en conta a cidadanía.

A carreira, como lembraremos, terá a súa saída dende o peirao comercial e durante 10 quilómetros, os participantes percorrerán a avenida do Malecón, o parque García Bayón, o paseo das Carolinas e o paseo peonil de Coroso, para dar volta e facendo o recorrido á inversa, finalizar no punto de saída.

A Policía Local de Ribeira pechará ao tráfico todas estas vías para garantir a seguridade do evento, establecendo alternativas á circulación, para “aliviar na medida do posíbel as molestias ás persoas condutoras”.

Os axentes sinalan que será establecida unha zona de estacionamento prohibido, para facilitar o paso dos corredores, na mediana da avenida do Malecón (zona azul) e ao longo do resto do percorrido os vehículos estacionados non poderán emprender a marcha ata a finalización da carreira.

En canto ao transporte público, dende as 15:00 horas, habilitarase unha parada de bus no entronque da rúa de Galicia coa rúa da Barreira, mentres que os taxis poderán collerse diante da carpa multiusos da rúa Canarias.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.