Gran Éxito na estrea de “Enraizadas” con “Terra Trágame” en Ribeira, recolléndose 1.610€ para ÁGAPE

23 Setembro 2025

A estrea da obra “Terra Trágame” a cargo do grupo Enraizadas, celebrada en Ribeira, foi un rotundo éxito, logrando recadar un total de 1.610€ para a asociación ÁGAPE, que traballa en favor da infancia e adolescencia neurodiverXentes e as súas familias.

O evento, ao que asistiron case 400 persoas, entre público e autoridades locais, contou coa presenza do xestor cultural Unai González, quen deu a benvida aos asistentes. Ao seu lado, a Concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, destacou a importancia deste tipo de iniciativas e agradeceu ao grupo Enraizadas por elixir Ribeira para realizar o seu primeiro espectáculo, ao mesmo tempo que resaltaba o carácter solidario da función.

Rivadulla expresou o seu apoio ao labor de ÁGAPE, destacando o esforzo da organización para mellorar a calidade de vida dos nenos e adolescentes neurodivergentes e as súas familias, unha causa que recibiu un respaldo notable durante a velada.

O evento foi un claro exemplo de como a cultura e a solidariedade poden ir da man para xerar un impacto positivo na comunidade.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.