Galicia viviu o verán máis cálido da súa historia dende 1961

11 Setembro 2025

Galicia rexistrou no verán climatolóxico de 2025 (xuño, xullo e agosto) o período máis cálido da serie histórica, iniciada en 1961, cunha temperatura media de 21,1 graos, o que supón dous graos máis do habitual, segundo o informe elaborado por MeteoGalicia.

O estudo conclúe que, tomando como referencia as temperaturas mínimas e máximas, este verán foi “extremadamente cálido”, cunha anomalía media de 2,3 graos máis nas mínimas e 1,7 graos máis nas máximas.

O mes de xuño destacou como o máis cálido da serie histórica, cunha media de 20,5 graos (+2,8), e con récords tanto nas mínimas (+2,6) como nas máximas (+3). Pola súa parte, xullo e agosto foron considerados “moi cálidos”, con anomalías superiores ao grao respecto ao normal. Agosto foi ademais o segundo máis cálido rexistrado, marcado por un episodio prolongado de calor entre os días 2 e 17, con temperaturas máximas 2,5 graos por riba da media.

No apartado de precipitacións, Galicia viviu un verán moi seco, con só 51 litros por metro cadrado de media, un 62 % menos do habitual. Para atopar un verán con menos choivas hai que remontarse a 1981. Xuño acumulou 18 litros/m² (-68 %), xullo 15 litros/m² (-55 %) e agosto 18 litros/m² (-58 %).

Con estes datos, o verán de 2025 confirma a tendencia de aumentos térmicos e déficit hídrico, que segundo MeteoGalicia reforzan a alerta sobre o impacto do cambio climático no territorio galego.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.