Frank Farrapos inaugura este venres en Rianxo a súa exposición sobre Castelao e o libro “Cousas da vida”

25 Setembro 2025

Este venres 26 de setembro formalizarase en Rianxo o acto de apertura da exposición Castelao a través da miña mirada do rianxeiro Frank Farrapos. O acto será ás 20.00 horas. A Área de Cultura do Concello informou que a exposición estará dispoñíbel no Auditorio Municipal de Rianxo ata o sábado 18 de outubro.

O autor rianxeiro F.F. (Frank Farrapos), artista alternativo, regresa á sala de exposicións do Auditorio de Rianxo para mostrar a súa humilde homenaxe a Castelao e a parte da súa obra Cousas da vida.

Levando estas pezas narrativas ao seu terreo e saíndo da súa liña de confort, reinterpreta algunhas das obras, enchendo de cor e dando vida aos fondos das mesmas.

F. Farrapos Otero traballa con diferentes técnicas de pintura, movéndose coma peixe na auga cos materiais reciclados, que constitúen o seu selo de identidade. De formación autodidacta, levou a cabo xa seis exposicións nas que mostra o seu estilo ecléctico, que abrangue diversas técnicas e inclúe instalacións artísticas.

A súa obra ten a particularidade de non estar á venda, algo que distingue ao artista e que lle dá liberdade para crear sen ataduras. Como el mesmo di: “Eu non vivo da arte, a arte vive en min”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.